Dous equipos de investigadores franceses lograron crear nano-fibras orgánicas con múltiples usos no campo da microelectrónica capaces de construírse por si mesmas, o que permite reducir os custos da súa produción, anunciou o Centro Nacional de Investigación Científica (CNRS).
n
n
nO experimento, realizado por expertos do CNRS e da Universidade de Estrasburgo, mostra que as fibras, de poucos nanómetros de espesor, se reproducen simplemente aplicándolles un flash luminoso, proceso moito máis sinxelo e barato que o empregado para fabricar outros materiais con usos no campo da microelectrónica, como os nanotubos de carbono.
n
n"A vantaxe destes novos filamentos é que xuntan o bo dos dous materiais condutores de electricidade (os polímeros orgánicos plásticos e os metais): son lixeiros e flexibles como os primeiros, e conducen a electricidade case como os segundos", explicou un dos autores do estudo, Nicolas Giuseppone.
n
nO equipo do CNRS que dirixe Giuseppone xa lograra obter en 2010 este tipo de nano-fibras ao modificar quimicamente moléculas de sínteses, as chamadas triaryl-aminas, utilizadas dende hai décadas para producir un tipo de fotocopias. Pero as propiedades condutoras dos novos filamentos non se evidenciaran ata agora.
n
nXunto a Bernad Doudin e ao seu grupo de investigadores da Universidade de Estrasburgo, puxeron as novas moléculas en contacto cun microcircuíto electrónico composto por electrodos de ouro e aplicaron un campo eléctrico entre elas.
n
nO experimento revelou, por un lado, que as fibras se construían "por si soas no lugar correcto" entre os electrodos, o que permitía aforrar a manipulación dos compoñentes, algo "moi complicado a tan pequena escala", segundo Giuseppone.
n
nAdemais, mostrou que os filamentos eran capaces de transmitir densidades de corrente "extraordinarias", moi similares ás do cobre, algo "extremadamente importante e raro", indicou o científico, dada a mala condutividade xeral dos compoñentes orgánicos.
n
nAgora, os investigadores buscan comprador para este novo material, que podería integrarse a escala industrial en aparatos electrónicos como pantallas flexibles, células solares, transistores e nano-circuítos impresos, entre outros, cun custo e un peso inferior aos habituais.
n
n(Fonte: EFE)