Crean en Dubai o primeiro edificio de oficinas impreso en 3D

Dubai será a primeira cidade no mundo en ter un edificio de oficinas impreso en 3D. Da construción, anunciada polo Comité de Innovación Nacional nos Emiratos Árabes Unidos, encargarase a firma especializada WinSun Global. Este proxecto, aseguran, fará historia.

Grazas á impresión en 3D a construción do edificio será un 80% máis barata que as construcións tradicionais e ademais estará terminada en só semanas.

Terá unha área de máis de 600 metros cadrados, cunha altura de 6 metros. Calquera detalle que poidamos imaxinar do complexo será construído con impresión 3D -desde os muros ata os mobles-, segundo informa a web 3D Print.

O xefe do Comité, Al Gergawi, afirmou que con este proxecto intentarase demostrar “a eficiencia e creatividade da tecnoloxía de impresión en 3D”. Utilizarase unha impresora de 6 metros de altura que se colocará na área que ocupará o edificio de oficinas. A construción realizarase con plástico reforzado con fibra, fibra de vidro reforzada de xeso e formigón reforzado especial.

(Fonte: EP)