n
n
Científicos estadounidenses lograron, por primeira vez, crear un material que permite envolver un obxecto tridimensional e facelo invisible dende calquera ángulo, achegando así á realidade un obxecto tantas veces retratado no cinema e no xénero da ciencia ficción.
n
n
n
n
n
n
Os autores da investigación publicada no 'New Journal of Physics' sinalan que aínda que xa se logrou ocultar obxectos en dúas dimensións, o seu estudo mostra como os obxectos ordinarios poden ser envolvidos no seu ambiente natural e desaparecer a ollos do observador en todas as direccións e dende todas as posicións.
n
n
Os investigadores utilizaron un método coñecido como "ocultamento plasmónico" lograron ocultar un cilindro de 18 centímetros dentro do espectro electromagnético das microondas.
n
n
Algúns dos avances máis recentes no campo da camuflaxe mediante ocultamento centráronse no uso de metamateriais baseados na transformación.
n
n
Estes materiais artificiais non son homoxéneos e teñen a capacidade de curvar a luz arredor dos obxectos, pero este novo traballo de investigación utiliza un tipo diferente de material artificial denominado metamaterial plasmónico.
n
n
Os expertos explican que cando a luz golpea un obxecto rebota na súa superficie cara a outra dirección, como cando se lanza unha pelota de tenis contra unha parede.
n
n
A razón pola que vemos os obxectos débese a que os raios de luz rebotan nos materiais aos nosos ollos e os nosos ollos son capaces de procesar a información.
n
n
Debido ás súas propiedades únicas, os metamateriais plasmónicos teñen o efecto de dispersión fronte a materiais de uso cotián.
n
n
"Cando os campos dispersos da capa e o obxecto interfiren, anúlanse o un o outro e o efecto xeral é a transparencia e a invisibilidade en todos os ángulos de observación", explica o profesor Andrea Alu, científico do Departamento de Enxeñería Eléctrica e Informática da Universidade de Austin (Texas, EE.UU.).
n
n
Alu, coautor do estudo, sinalou que a camuflaxe de obxectos pequenos "pode ser interesante para unha variedade de aplicacións". Segundo explicou, o seu equipo está a traballar na aplicación destes conceptos para evitar que sexan visibles as puntas do microscopio a frecuencias ópticas, o que "pode beneficiar en boa medida as medidas biomédicas e ópticas".
n
n
Entre os retos que afronta o seu equipo de cara ao futuro, está o de ocultar un obxecto en tres dimensións usando a luz visible.
n
n
(Fonte: EFE)
n
n
n
n