COTEC sostén no seu último informe que a crise está a destruír a escasa capacidade investigadora das empresas españolas

A Fundación Cotec acaba de finalizar a elaboración do seu Informe Cotec 2013 sobre Tecnoloxía e Innovación en España, que recolle a evolución dos principais indicadores de I+D e innovación a escala nacional e por comunidades autónomas, e a súa comparación internacional. O documento inclúe tamén a opinión de máis dun centenar de expertos sobre a situación e evolución futura do sistema español de innovación e dedica un capítulo especial ao Crecemento Verde, un aspecto fundamental para o crecemento económico sustentable a escala global.

n
n

nTanto a opinión dos expertos, consultados a principios deste ano, como os datos recollidos no Informe evidencian a deterioración da maioría dos indicadores e apuntan ao seu empeoramento futuro. A evolución máis preocupante é a redución do gasto corrente en I+D empresarial, que demostra que a crise xa está a destruír a escasa capacidade investigadora das empresas españolas. Entre os poucos aspectos positivos cabe destacar a mellora das exportacións de bens de equipo e a redución do fracaso escolar.
n
nO documento foi presentado en Madrid durante unha rolda de prensa na que participaron o director xeral de Cotec, Juan Mulet, e o subdirector xeral, Federico Baeza. Juan Mulet referiuse durante a presentación a que, "segundo os datos do INE, dende que comezou a crise en España, no ano 2008, ata 2011, último ano do que se dispón de datos, o número de empresas con actividades innovadoras se reduciu nun 43%, mentres que o de empresas con actividades de I+D se reduciu nun 36%. Un rápido descenso que segundo os expertos consultados por Cotec se vai seguir deteriorando nos próximos anos, polo que de seguir así pronto o número de empresas españolas con actividades de I+D e de innovación situarase na metade das que había ao comezo da crise".
n
nSegundo o director xeral de Cotec "se crear o sistema español de innovación que tiñamos antes do comezo da crise, que inda que aínda era pequeno xa demostrara certo grao de madureza e eficiencia e debería converterse no embrión do novo modelo produtivo que necesita a economía española, custou 20 anos de grandes esforzos, tanto públicos, cos impostos dos cidadáns, como privados, por parte das empresas, perder a metade dese sistema deterioraría gravemente a competitividade do país porque suporía perder dez anos de avance e de progreso que serán moi difíciles de recuperar".
n
n"E o máis sorprendente -sinalou- é que esta destrución do tecido empresarial innovador do país se esta producindo sen ningunha reacción social significativa, seguramente porque a nosa sociedade aínda non é consciente da importancia da innovación para garantir o noso crecemento económico e o noso benestar social. E isto débese, probablemente, a que vivimos nun sono de riqueza baseado nun modelo produtivo especulativo e que non xeraba valor pero que nos permitía adquirir a outros países a tecnoloxía e a innovación que necesitabamos para manter os nosos elevados niveis de calidade de vida. Agora ese modelo esgotouse, e moi dificilmente se vai poder recuperar, polo que para asegurar o mantemento dos niveis de benestar aos que nos afixeramos toda a sociedade deberá envorcarse en apostar por un modelo produtivo baseado no aproveitamento do coñecemento para xerar valor, é dicir, na innovación".
n
nA crise afecta gravemente
n
nSegundo os últimos datos recollidos no Informe Cotec 2013 o gasto total en I+D en España situouse en 14.184 millóns de euros en 2011 (1,33% do PIB), o que supón unha redución do 2,8% respecto ao ano anterior. Unha caída que supera en intensidade á experimentada en 2009, que foi só do 0,8%, e que, por primeira vez, se produce en todos os sectores. A Administración reduciu o seu gasto en I+D en 2011 un 5,7%, o Ensino Superior nun 2,9%, e as empresas nun 1,5%.
n
nNo caso das empresas, ademais, contrariamente ao que sucedía en anos anteriores, reduciron tanto os seus gastos correntes como os de capital, o que supón unha confirmación de que a crise xa está a afectar seriamente á actividade investigadora das empresas, que xa se viron obrigadas a reducir mesmo os seus equipos de investigadores, renunciando así a un capital humano que custou moito acumular e cuxa importancia é clave para a súa futura competitividade. Así, en 2011 os gastos correntes empresariais en I+D diminuíron en total un 2,4%, e dende que comezou a crise o número de investigadores empresariais vénse reducindo en taxas de aproximadamente un 1% anual.
n
nO Informe tamén sinala que en 2011 a actividade de I+D ocupaba en España a un total de 215.079 persoas en equivalencia a xornada completa (EJC), das que o 60,6% eran investigadores (130.235), o que supuxo unha caída, por primeira vez, na senda de crecemento que mantivera ata entón. A crise afectou especialmente os investigadores públicos cuxo número se reduciu por primeira vez en 2011, cunha caída total do 4,4% ata situarse en 85.078. Os investigadores da Administración reducíronse o 6,1%, ata situarse en 22.893, e os do Ensino Superior o 3,7%, ata situarse en 62.185. No sector privado tamén se reducen, aínda que en menor medida, nun 1,1% ata os 44.915 investigadores.
n
nLonxe dos países de referencia
n
nEn canto aos datos comparables internacionalmente, correspondentes a 2010, poñen de manifesto que España aínda non iniciara a senda de recuperación que xa emprenderan outros países. Ese ano tanto o gasto en I+D como o PIB español redúcense en torno ao 1%, mentres que no conxunto dos cinco principais países europeos estes indicadores creceron o 2,7% e o 3,4%, respectivamente.
n
nEstes datos sinalan que España continúa a perda de posicións respecto aos países de referencia iniciada en 2009, o que supuxo o fin da continuada tendencia á converxencia que comezou en 1994. Aínda que non se dispón de cifras comparables internacionalmente posteriores a 2010, o Informe sinala que todo parece apuntar a que, dende entón, a situación seguiu empeorando para o noso país, mentres que os países dos nosos arredores avanzan na súa recuperación.
n
nOs expertos, preocupados
n
nO resultado da enquisa anual realizada ao panel de expertos de Cotec, formado por máis dun centenar de personalidades empresariais, académicas e responsables públicos aos que se consulta anualmente, dende hai máis de 15 anos, sobre a importancia dos problemas que afectan ao sistema español de innovación e a súa previsible evolución no futuro inmediato, mostra que existe no país unha mala valoración das condicións actuais e un claro pesimismo sobre a súa evolución futura, que se reflicte no índice sintético de opinión de Cotec para 2013, que seguiu caendo ata o seu valor histórico máis baixo, o 0,841.
n
nMáis de tres cuartas partes dos expertos, que foron consultados a principios de 2013, consideran moi importantes cuestións como a escasa dedicación de recursos financeiros e humanos para a innovación nas empresas, a falta de cultura nos mercados financeiros españois para o financiamento da innovación, o papel insuficiente das políticas de apoio á investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación nas actuacións prioritarias das administracións públicas e a escasa cultura de colaboración das empresas entre si e entre estas e os centros de investigación. Este ano aparece o problema do financiamento público entre os citados por tres cuartas partes dos expertos, mentres que pasa a segundo plano o problema de que a demanda nacional non actúa suficientemente como elemento tractor da innovación.
n
nO sentimento pesimista dos expertos queda claramente de manifesto porque a porcentaxe media de opinións de empeoramento é o 45%, mentres que o de opinións de melloría é soamente o 13%. A tendencia que máis expertos consideran que se deteriora é, como o ano pasado, o referente á dispoñibilidade de fondos públicos para o fomento da I+D+i. Esta vén sendo a tendencia á deterioración máis citada polos expertos, en porcentaxes crecentes, todos os anos dende 2009. A seguinte tendencia negativa, moi relacionada coa anterior, é o referente á importancia das políticas de fomento da innovación dentro das políticas do goberno español.
n
nA única tendencia sobre a que case a metade dos expertos opinan que é a mellorar é, como vén acontecendo dende 2009, o referente á concienciación de investigadores e tecnólogos sobre a necesidade de responder á demanda de innovación dos mercados.
n
n(Fonte: COTEC)

n