Cotec lanza unha ferramenta en internet para que as pemes innoven

A Fundación Cotec para a Innovación Tecnolóxica desenvolveu unha ferramenta en Internet para que calquera peme española poida coñecer, de forma sinxela e en moi pouco tempo, enchendo un breve cuestionario, como é a súa capacidade innovadora e recibir de forma personalizada recomendacións específicas para a súa mellora.

n
n

nHoxe existe evidencia de que a produtividade das empresas crece en función do seu tamaño, e nun ámbito competitivo como o actual ese crecemento depende principalmente da innovación, que permite alcanzar unha mellor posición competitiva. O obxectivo desta iniciativa é lograr que todas as pemes españolas teñan a oportunidade de coñecer a súa capacidade innovadora ou dotarse dela, en caso de que non innoven, para poder mellorar a súa produtividade e a súa competitividade.
n
n(Fonte: Cotec)

n