Dentro dos criterios que impulsan a política de responsabilidade social do Grupo Coren, o compromiso coa sustentabilidade constitúe un dos valores fundamentais que marcan o modelo de produción da cooperativa. Unha forma de traballar impulsada por políticas ambientais sustentables e respectuosas coas que preservar e protexer a contorna da que dependen todas as súas actividades.
Nese contexto aséntase o Plan de Acción Ambiental posto en marcha pola cooperativa que preside Manuel Gómez-Franqueira e cuxo absoluto compromiso por parte dos socios permitiu a Coren impulsar un modelo de xestión enerxética responsable e eficiente, en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2080 e o Acordo do Clima de París, promovido pola ONU.
A cooperativa galega leva anos traballando na transición cara a fontes de enerxías limpas e así se reflicte nas súas cifras. Nos últimos anos, só nas granxas do grupo, contabilizou máis de 45 instalacións fotovoltaicas de autoconsumo e ao longo de 2023 sumará ao redor de 6.000 KW máis instalados nas principais industrias do grupo e novas explotacións. Así mesmo, dotou con caldeiras de biomasa a outras 40 granxas e, en pouco máis dun ano, sumará 11 caldeiras novas.
Fonte: La Región