Endesa e a cooperativa galega Coren asinaron un contrato de subministración eléctrica a cinco anos con prezos estables. O acordo tamén abre unha senda para explotar de maneira conxunta o desenvolvemento de proxectos no ámbito da eficiencia enerxética e as enerxías renovables nas súas granxas e industrias. O convenio foi asinado na sede de Coren en Ourense polo presidente da cooperativa, Manuel Gómez-Franqueira, e o director de clientes B2B de Endesa, Juan José Muñoz.
O contrato alcanza os 90 xigawatts por hora e permitirá a Coren contar cun horizonte de estabilidade de prezos para o desenvolvemento da súa actividade. «Este acordo axúdanos a afrontar o contexto no que nos atopamos de alza de custos que sofre o noso sector, xa que á subida da enerxía únese a das materias primas de alimentación animal», explicou Gómez-Franqueira. A cooperativa conta con 24 industrias.
Fonte: La Voz de Galicia