O programa formativo ten como fin lograr un auténtico progreso profesional desde a práctica, rompendo para iso co esquema tradicional da aula sen contacto coa realidade. Deste xeito, ambos os másteres impartiranse mediante un sistema dual que ofrece non só formación teórica, senón tamén experiencia práctica en empresas do Grupo Coren, co obxectivo de que os alumnos poidan aplicar día a día os coñecementos aprendidos ao longo do máster e adquirir así as competencias necesarias para desenvolver tarefas profesionais de alto nivel en empresas agroalimentarias.
Os programas están dirixidos a quen desexen desenvolver a súa actividade no ámbito agroalimentario, sexan recentemente titulados ou que xa estean a traballar neste sector. En concreto, poderán acceder a estes másteres novos titulados tanto universitarios como de ciclos superiores de Formación Profesional procedentes preferentemente de disciplinas técnicas, veterinarias ou agronómicas, sen descartar outros perfís (industrial, económico, organización) con vocación por este sector.
Os interesados en obter máis información sobre estes programas, poden consultar a web www.galiciabusinessschool.es.
(Fonte: Faro de Vigo)