As ideas e propostas que se poden presentar deberán ofrecer solucións innovadoras ás necesidades tecnolóxicas das Cidades da Rede, que se agrupan nas seguintes categorías: Smart Government, Smart Mobility, Smart Sustainability, Smart Population e Smart Economy.
As solicitudes de presentación de ideas e proxectos deberán ser recibidas na Secretaría Técnica de Rede Innpulso antes do día 27 de xuño de 2014. O prazo do proceso de valoración e selección das ideas e proxectos, dependerá do número de proxectos recibidos. Unha vez pechado o prazo de presentación das solicitudes e nun prazo máximo de 15 días a Secretaría Técnica publicará na web a data para a cal se fará público os proxectos seleccionados.
Máis información en http://www.idi.mineco.gob.es/.
(Fonte: Ministerio de Economía)