Os candidatos deberán presentar un proxecto pioneiro, novo ou en curso, nunha das cinco disciplinas do programa: ciencia e medicina; tecnoloxía e innovación; exploración e descubrimentos; medio ambiente e patrimonio cultural e histórico.
En 2016, para celebrar as catro décadas de existencia deste programa, Rolex ofrecerá cinco Premios para Laureados e outros cinco para Jóvenes. Para isto, pedirá a un Xurado independente de expertos que escolla a dez individuos excepcionais que demostren que teñen proxectos pioneiros dos que o mundo poderá beneficiarse.
O Xurado reunirase a principios de 2016 e valorarán os proxectos segundo criterios de orixinalidade, viabilidade, impacto potencial e, por encima de todo, terase en conta o espírito de iniciativa de cada candidato.
Cada Laureado recibirá 100,000 francos suízos para desenvolver o seu proxecto, e cada Laureado Joven 50,000. Tamén obterán unha campaña publicitaria de alcance mundial e recibirán un cronómetro Rolex.
Estamos desexando recibir propostas que demostren a enerxía creativa de quen posúe un excepcional espírito emprendedor e quere cambiar o mundo, declarou Rebecca Irvin, responsable de filantropía de Rolex.
Ademais de demostrar un excepcional espírito de iniciativa, os candidatos deben presentar proxectos que teñan un obxectivo claro e destacado, que sexan orixinais e supoñan un impacto significativo.
Procedemento de candidatura
Os candidatos aos Premios Rolex poden presentar as súas ideas de proxecto nun breve formulario por Internet. O prazo de presentación de precandidaturas vence o 31 de maio de 2015.
Rolex elixirá entón, para posterior consideración, aqueles proxectos que mellor respondan aos criterios de selección e invitará a eses precandidatos a presentar unha candidatura completa.
Os posibles aspirantes poderán inscribirse nos Premios Rolex 2016 a través da páxina web rolexawards.com, onde encontrarán toda a información e documentación necesaria.
Os Premios Rolex
Os Premios Rolex á Iniciativa créanse en 1976 para conmemorar o 50 aniversario do cronómetro Rolex Oyster, primeiro reloxo de pulseira hermético do mundo. Desde entón, fíxose entrega de 130 premios a emprendedores con proxectos en máis de 60 países.
En 2009, Rolex lanza un programa para Laureados Jóvenes co fin de financiar proxectos innovadores de mozos emprendedores (con idades comprendidas entre 18 e 30 anos). Este programa recompensa ideas novas e brillantes, e pretende motivar as novas xeracións fronte aos retos do futuro.
(Fonte: Rolex)