As categorías son procesos alimentarios, innovación no modelo empresarial, gobernanza e servizos aos socios e tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) / dixitalización. No caso de procesos alimentarios, premiarase o desenvolvemento e/ou mellora de procesos sustentables de produción de alimentos que supoñan un valor engadido para a produción primaria e contribúan á nutrición e ao benestar das persoas. En innovación no modelo empresarial, buscaranse entidades que levan a cabo procesos organizativos e estratexias para a mellora da eficiencia das cooperativas. Na categoría gobernanza e servizos aos socios, distinguirase calquera actividade orientada a mellorar a toma de decisións e as relacións cos socios da cooperativa. Por último, premiarase o deseño, desenvolvemento, avaliación e aplicación de formas novidosas de utilización das TIC na agricultura, así como novas capacidades analíticas que permitan ás cooperativas agrícolas e aos seus socios maximizar o seu rendemento.
O prazo para a presentación de candidaturas expira o 23 de xuño e a entrega dos galardóns terá lugar o 29 de novembro de 2017. As bases da convocatoria están dispoñibles na web de Cogeca.
(Fonte: Innovamás)