Os organizadores da feira SIMO lanzaron a convocatoria do Premio Viveiro de SIMO Network 2012. IFEMA e a fundación Fundetec organizan a sétima edición deste premio, que ten por obxecto impulsar a innovación e o emprendemento en España a través do recoñecemento ao labor de empresas novas que desenvolven produtos e servizos tecnolóxicos de calidade e con potencial de éxito no mercado.
n
n
nO prazo de presentación finaliza o próximo 20 de xullo. Poden presentar candidatura calquera empresa española constituída con posterioridade ao 01/09/2010 que achegue innovación en produtos e servizos utilizando as novas tecnoloxías nalgún dos sectores representados en SIMO Network 2012: Infraestruturas e Sistemas, Ferramentas e Solucións para a Empresa, e Telecomunicacións e Internet.
n
nAs empresas elixidas serán premiadas coa súa participación en SIMO Network 2012, que se celebrará do 25 ao 27 de setembro en IFEMA, beneficiándose, ademais, dun especial protagonismo na campaña de comunicación da Feira. O resultados darase a coñecer o 11 de setembro.
n
nO mellor proxecto da convocatoria, recibirá, ademais, o Premio Especial Viveiro, valorado en 9000 euros.
n
nAs bases poden consultarse pinchando aquí.
n
n(Fonte: APTE)