O BOE do 5 de xullo publicou a convocatoria de axudas destinadas a fomentar a cooperación estable público-privada en investigación industrial, en áreas de importancia estratéxica para o desenvolvemento da economía española (Programa INNPRONTA).
n
n
n
As axudas ao financiamento de proxectos obxecto desta orde concederanse a través dunha combinación de subvención e empréstito, que poderán alcanzar ata un máximo do 75% do presuposto total do proxecto. Excepcionalmente e ante a situación de forte restrición do crédito, poderanse aplicar ata 10 puntos porcentuais adicionais de axuda en forma de empréstito, o cal se concretará nas respectivas convocatorias.
n
n
Estas axudas están destinadas a financiar proxectos empresariais que promovan a cooperación estable público-privada en investigación e desenvolvemento (I+D) industrial que incrementen a capacidade científico-técnica das empresas e dos organismos de investigación, ademais de estender e optimizar o uso conxunto, por parte de empresas e organismos de investigación, das infraestruturas públicas e privadas de investigación existentes en España; estender a cultura da cooperación en I+D entre todos os axentes do sistema ciencia-tecnoloxía-empresa; mobilizar a participación das pemes en proxectos de investigación industrial de grande envergadura; e contribuír a que as empresas participantes poidan competir nos mercados internacionais con produtos e servizos innovadores e impulsar un acceso máis eficiente dos consorcios aos programas internacionais de cooperación en investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico e, en particular, ao Programa Marco da Unión Europea.
n
n
Grandes proxectos
n
n
As axudas do Programa INNPRONTA dirixiranse ao financiamento de grandes proxectos integrados de investigación industrial, de carácter estratéxico, gran dimensión e que permitan o desenvolvemento de tecnoloxías novidosas en áreas tecnolóxicas de futuro con proxección económica e comercial a nivel internacional.
n
n
Con independencia da posible aprobación de propostas de especial interese noutras áreas, serán prioritarias as seguintes áreas temáticas: enerxía, medio ambiente e cambio climático; biotecnoloxía, saúde e alimentación; e outros sectores, sempre e cando os proxectos acheguen un alto valor engadido aos participantes, alto nivel tecnolóxico e estimulen a creación de emprego cualificado.
n
n
(Fonte: Emprendia)
n