O Ministerio de Economía e Competitividade convocou as axudas do Programa Nacional de Cooperación Público/Privada INNPACTO, que financia a cooperación público-privada entre organismos de investigación e empresas na realización de proxectos de I+D+i orientados cara a produtos explotables baseados na demanda. O prazo límite de presentación de solicitudes é o 17 de xullo.
n
n
nCon estes proxectos preténdese crear empresas innovadoras, orientar a actividade de empresas xa existentes cara á actividade innovadora, mobilizar o investimento privado, xerar emprego e mellorar a balanza tecnolóxica do país.
n
nPoden optar a estas axudas empresas, centros tecnolóxicos de ámbito estatal, centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal, centros universitarios privados de investigación e desenvolvemento, outros centros privados de investigación e desenvolvemento sen ánimo de lucro, organismos públicos de investigación, universidades públicas e os seus departamentos e institutos universitarios, entidades privadas sen ánimo de lucro, entidades de dereito público e agrupacións ou asociacións.
n
nAs axudas serán en forma de empréstito ao 1% a 8 anos con 2 de carencia para as empresas e de subvencións e anticipos FEDER para os organismos de investigación. O importe máximo do préstamo será do 95% do presuposto financiable.
n
nPara o cobramento dos empréstitos, e cando estes superen os 250.000 euros por ano, será necesaria a presentación de garantías en forma de aval, informe de solvencia ou certificado de asunción de débeda, dependendo da empresa.
n
nO consorcio que solicite a axuda terá que estar formado, polo menos, por unha empresa e un organismo de investigación, tendo que ser unha empresa a representante do consorcio.
n
nOs proxectos que se presenten a esta convocatoria terán que ser de desenvolvemento experimental cun presuposto mínimo de 500.000 euros e unha duración mínima de 24 meses.
n
nAs bases da convocatoria están dispoñibles aquí.
n
n(Fonte: Boletín Oficial del Estado)