O responsable de desenvolvemento de negocio de Contactnova, Rogelio García, estará o próximo 29 de xaneiro nos "Mércores de Tecnópole" para explicar as vantaxes do contact center (centro de contactos) como ferramenta ao servizo da xestión empresarial. Ademais, exporá as tendencias no seu sector e presentará as opcións de cooperación que a empresa ten abertas para proxectos conxuntos con outras empresas.
n
n
nContactnova, pertencente ao Grupo Netaccede, conta cunha traxectoria de máis de dez anos na prestación de servizos de outsourcing especializados en solucións márketing, atención telefónica, atención ao cidadán, apoio á xestión e consultoría estratéxica e telefónica.
n
nDispón dos sistemas máis avanzados de comunicación e emprega as últimas e máis potentes tecnoloxías, ofrecendo aos seus clientes un servizo coa máxima calidade e garantía. Ademais, a súa arquitectura CTI (Computer-Telephone Integration) permite amplas funcionalidades en resposta de voz interactiva (IVR), distribución automática de chamadas (ACD) e sistemas de marcación progresiva.
n
nEntre os seus principais clientes atópanse empresas de toda España de sectores tan diversos como a enerxía, a moda ou a automoción. Tamén a Administración pública galega, para quen xestiona os servizos de Atención e Información á muller e de Información ao Cidadán 012, o servizo de cita previa en Atención Primaria do SERGAS ou a central da Compañía da Radio Televisión de Galicia -CRTVG-.
n
nA cita con Contact Nova será o día 29 ás 12 horas na terceira planta do Edificio CEI de Tecnópole. Para asistir só hai que inscribirse aquí.
n
nOs mércores de Tecnópole
n
nO ciclo "Os mércores de Tecnópole" está organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia para contribuír a poñer en valor a innovación das súas empresas. En cada sesión unha empresa expón as súas capacidades e diferenzas competitivas no seu ámbito de actividade co obxectivo de mellorar a súa visibilidade e o seu posicionamento no mercado.
n
nO obxectivo deste ciclo é potenciar o papel tractor que as empresas de Tecnópole poden exercer nos seus respectivos sectores con base na innovación, dando a coñecer no ámbito as súas fortalezas e diferenzas competitivas. Con isto preténdese contribuír a reforzar o seu posicionamento no mercado e incrementar as súas relacións empresariais e comerciais.