Contact Comunicación presenta a súa aplicación Orama na Conferencia Internacional de Parques Tecnolóxicos

A empresa de Tecnópole Contact Comunicación presentou a pasada semana a súa aplicación móbil Orama no XI Conferencia Internacional da Asociación de Parques Tecnolóxicos de España (APTE).

n
n

 

n

O evento, celebrado en Xixón, tivo como temática central o desenvolvemento das smart cities (cidades intelixentes), polo que a organización brindou a posibilidade de presentar os seus proxectos vinculados a esta área ás empresas situadas nos parques tecnolóxicos españois. Tras un proceso de selección, entre os dous proxectos que resultaron elixidos atopábase o de Contact Comunicación.

n

 

n

A ferramenta Orama é un sistema de promoción de actividades socioculturais a través das novas tecnoloxías que foi desenvolvido no marco do plan financiado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para modernizar os procesos de comunicación dos entes que organizan actividades deste tipo.

n

 

n

Unha das principais vantaxes desta ferramenta é que permite diminuír o enorme custo económico e ambiental que supón imprimir miles de folletos. En segundo lugar, contribúe a erradicar o problema que supón o empapelado de paredes de edificios e outros elementos do mobiliario urbano con carteis.

n

 

n

O sistema permite, dende calquera dispositivo conectado a internet, crear un perfil a partir do cal a entidade que desexa dar a coñecer un evento pode crealo e subilo á nube e automaticamente será publicado nunha app desenvolvida para iOS (iPhone) e Android.

n

 

n

Para consultar a información, os usuarios teñen tres posibilidades: busca xeográfica (introducir o nome da cidade no buscador para obter a información sobre os eventos nesa situación), eventos recomendados (segundo as valoracións dos usuarios) e categorías (onde atopará a información clasificada por tipo de evento).

n

 

n

En calquera das súas modalidades, o uso de Orama non ten custo, nin tampouco restricións no número de consultas ou na súa duración. Ademais das utilidades habituais neste tipo de ferramentas, os usuarios poden interactuar en tempo real con outros que están a gozar do mesmo evento ou cos propios organizadores.

n

 

n

As cidades do futuro

n

 

n

A XI Conferencia Internacional de APTE, na que tamén participou a sociedade xestora de Tecnópole, celebrouse este ano baixo o lema "Cara a un modelo de cidade intelixente con datos abertos". Durante os seus tres días de duración, representantes de parques científicos e tecnolóxicos de España asociados a APTE reuníronse co obxectivo de converter esta conferencia nun espazo de análise, debate e reflexión sobre as tecnoloxías que se están a desenvolver no ámbito das cidades intelixentes, a xestión de datos abertos e a análise dos datos masivos como fonte de negocio, así como fontes de financiamento para este tipo de proxectos e exemplos de entidades de parques científicos e tecnolóxicos que están a traballar no seu desenvolvemento.

n

 

n

A evolución das urbes nos próximos anos xirará en torno á súa transformación en cidades intelixentes (smart cities), capaces de desenvolver servizos avanzados para a cidadanía que impliquen melloras en ámbitos tan diferentes como a administración electrónica, a sustentabilidade ambiental, a eficiencia enerxética no uso de equipamentos e infraestruturas, a redución de emisións e a calidade de vida.

n

 

n

(Fonte: Contact Comunicación e APTE)

n