O evento foi organizado pola Confederación Española de Empresas de Tecnoloxías da Información, Comunicacións e Electrónica (Conetic), coa colaboración da Asociación multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (Ineo).
A aplicación deseñada por Contact Comunicación baséase en dous piares moi claros: acabar co enorme custo económico e ambiental que supón imprimir miles de folletos aos que os usuarios xa non poñen atención e, en segundo lugar, erradicar o mal efecto que supón ver as fachadas dos edificios empapeladas con carteis que se acaban convertendo nunha amálgama de papel, cun importante custo de limpeza para as cidades.
A través da web www.canalorama.com os xestores de actividades socioculturais, xa sexan públicos ou privados, poden crear o seu propio perfil, dende o cal eles mesmos xestionan a información que queren ofrecer aos seus usuarios. Esta información queda almacenada na nube e os usuarios que a queiran consultar poden descargar de forma gratuíta a aplicación nos respectivos mercados online.
Por último, a ferramenta, dotada dun compoñente social, permite aos creadores de eventos, aos artistas e aos usuarios destas actividades interactuar, para así crear unha ágora onde calquera persoa poida decatarse de que actividades culturais se están a celebrar na súa cidade ou no lugar que está a visitar.
(Fonte: Contact Comunicación)