Conta atrás para o evento de presentación de resultados do proxecto ER-INNOVA

Tras dous anos de traballo, os socios de ER-INNOVA, unha iniciativa innovadora de cooperación transfronteiriza para o incremento da competitividade das pemes do sector das enerxías renovables, presentarán os principais resultados do proxecto. Será o próximo día 30 de xuño en Tecnópole, anfitriona en calidade de xefe de fila, e as inscricións xa están abertas.

n

O proxecto materializouse xa nun programa piloto de implantación de ferramentas de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) en aproximadamente un centenar de pemes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

n

A implantación destas ferramentas -un ERP específico e un portal web dotado de mercado virtual e servizo de facturación electrónica- nas pemes participantes durante a fase piloto e a súa posterior extensión a outras do sector ten como obxectivo mellorar a capacitación da rede empresarial da Eurorrexión para gañar en competitividade e albergar o desenvolvemento de iniciativas innovadoras de carácter cooperativo.

n

Os asistentes á presentación de resultados recibirán un pendrive co ERP (sistema de xestión de recursos empresariais) listo para a súa instalación e toda a documentación de soporte necesaria.

n

O proxecto levouse a cabo grazas ao cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, ao amparo do Programa Operativo de Cooperación transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, concretamente no eixe de actuación correspondente ao fomento da competitividade e a promoción do emprego. O seu financiamento total ascendeu a 931.693,68 €, dos que o 75% procedeu dos FEDER.

n

O partenariado está formado por tres socios galegos e un portugués: Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) como xefe de fila; a Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET); a Fundación para ou Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, a través da súa Oficina de Programas Internacionais de I+D+i (OPIDi); e NET Novas Empresas e Tecnoloxias, S.A.-Business and Innovation Centre do Porto (NET-BIC Porto).

n

Programa

n

O evento comezará ás 10.30 horas e incluirá a intervención do responsable de enerxías renovables e innovación na Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea, Mathieu Fitcher, que falará sobre o papel da política de cohesión e os fondos estruturais para fomentar o desenvolvemento rexional vía as enerxías renovables e a eco-innovación. Pola súa banda, o director xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, Ricardo Capilla, exporá as liñas de actuación do Plan Galego de Investigación, Crecemento e Innovación 2011-2015, entre as que se atopan as relativas ao eixe estratéxico sobre enerxía. Do lado portugués intervirá o coordinador da Comunidade de Trabalho Galiza/Norte de Portugal, Nuno Almeida, en representación da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDRN).

n

A inscrición pode realizarse, de modo gratuíto, en tecnopole@tecnopole.es ou no 988 368 100.

n

 

n