Construír o futuro desde o ceo (Aerocámaras)

En poucos anos, a industria dos drons no noso país pasou de ser un mero obxecto de entretemento a converterse nunha ferramenta fundamental de traballo, cun gran potencial de uso. Un dos seus máximos expoñentes, Aerocamaras, conseguiu nos últimos quince anos copar o sector dos drons, colocándose á vangarda do desenvolvemento, formación, subministración de equipos, xestión aeronáutica e servizos profesionais con UAVS.

No seu ADN prima a innovación e a excelencia, situándoos á cabeza da industria dos Remotely Piloted Aircraft System (RPAS) no noso país. Atopámonos ante a mellor escola de pilotos de drons, avalada por máis de 35.000 alumnos. Os seus centros de formación de pilotos convertéronse nunha referencia, con máis de 40 escolas repartidas ao longo de toda España.

O seu fundador, Jaime Pereira, sinala que conseguiron “copar o 75% do mercado nacional de drons. O noso obxectivo é continuar axudando a conseguir cumprir o soño de voar un dron e construír un futuro profesional especializado no sector das aeronaves non tripuladas”. Destaca o seu dron híbrido de I+D propio, o AeroHyb Hexacopter, unha aeronave non tripulada con até sete horas de autonomía, a máis alta do mercado, que está deseñada para ser implementada en servizos profesionais como audiovisual, loxística, inspeccións técnicas, emerxencias, seguridade, topografía ou agricultura de precisión.

Aerocamaras, que en 2021 duplicaba as cifras do ano anterior en canto a volume de negocio, pretende ampliar a súa presenza en Europa. Nestes intres xa ofrece servizos en países como Italia ou Portugal. No país luso conta con sede propia e centros de formación nas cidades de Coímbra, Lisboa, Faro e O Porto. Ademais, parte do seu equipo de pilotos altamente cualificados atópanse despregados en diferentes partes de Latinoamérica como Brasil ou Puerto Rico. E está a traballar para ampliar a súa presenza en Colombia, México e Panamá; e seguir coa súa expansión internacional aterrando con estrutura completa no continente africano e asiático, onde xa cooperan con outras compañías facendo servizos de inspección e topografía.

Fonte: Forbes