Conexiona Telecom presenta o próximo 5 de xullo en Tecnópole o seu novo software EXIACore, deseñado para poder interaccionar con Asterisk dunha forma rápida, sinxela e cómoda, externalizando toda a lóxica de control e toma de decisións cara á aplicación.
n
n
n
Segundo a empresa, EXIACore ofrece unha interface de programación aberta baseada en webservices, que posibilita a integración de calquera aplicación ERPs, CRMs, apps smartphones, web, etc. con Asterisk.
n
n
O evento comezará ás 11 da mañá no salón de actos do edificio CEI e contará coa intervención do director xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, Ricardo Capilla, que falará sobre innovación competitiva con apoio público. O encargado de explicar as características de EXIACore será o conselleiro executivo de Conexiona, José Antonio Losas. Ademais, os asistentes poderán coñecer un caso de éxito da implantación deste novo produto de man do director de sistemas de información de Begano, Manuel Varela, que explicará a integración de EXIACore co CRM da súa empresa.
n
n
As inscricións no evento poden realizarse contactando con Carlos Manuel Sande no 988 10 59 19 ou exiacore@conexiona.esen.
n
n
(Fonte: Conexiona Telecom)
n
n
n