Innotv consta de 32 capítulos de 10 minutos de duración e preséntase nunha dobre vertente: un formato para televisión emitido pola TVG os sábados e domingos en horario de mañá; e un formato online compatible con smartphones e dispositivos electrónicos que pode visualizarse a través da páxina de Galicia Emprende en Facebook.
O programa consiste nun magacín audiovisual no que son entrevistados diversos emprendedores galegos, que relatan a súa propia experiencia en primeira persoa, dende os primeiros pasos ata chegar a onde chegaron. Concibido como unha guía amena sobre como emprender en tempos de crise, Innotv pretende ilustrar como son e como pensan os emprendedores da Galicia actual, co obxectivo de animar outros mozos a seguir o mesmo camiño.
As empresas que participaron nesta primeira edición son: Vacafilms (Produtora cinematográfica), Confirmsing (Firma dixital de documentos), Hifas da Terra (Investigación e comercialización de produtos biolóxicos), IMAXDI (I+D+i médica), Ingeo (Enerxía xeotérmica), IPGlobal (Marketing online), Prometalm (Metalúrxica), Plaintec (Edificación e rehabilitación de inmobles), Sailway (Charter náutico), Galchimia (Químicaorgánica sintética), Setpay (Pago por teléfono móbil), Arrullos del agua (Spa urbano), La ballena que va llena (Axencia de publicidade), Buceo Finisterre (Centro de buceo), Carpe Diem (Axencia de marketing), DIMEF (Deseño e construción de pezas mecánicas), Kemegal (Empresa química), Mestrelab (Software de análise química), Teimas (Software de xestión de residuos), Trameve (Reciclaxe de vehículos), Rei Zentolo (Deseño de roupa e complemento), Classora (Servizos de enriquecemento semántico para medios dixitais e televisión interactiva), Conexiona Telecom (Desenvolvemento de software) 2Mares (Fabricación de software para contact center), IMATIA (Empresa de software) Imaxin (Desenvolvemento de videoxogos e produtos multimedia), MaestroDev (Desenvolvemento de software bancario), Sixtema (Creación de sistemas de información xeográfica), BibaDiferente (Empresa de marketing e desenvolvemento de proxectos online) e Visual MS (Grupo tecnolóxico do sector do software empresarial).
(Fonte: Innovamás)