En cooperación co seu partner Conelcom, Conexiona leva ao evento o produto Controllino IOT, que permite a monitorización e o control de calquera instalación en calquera zona do mundo e en tempo real.
Segundo os seus creadores, trátase dunha solución totalmente flexible para a automatización de vivendas, edificios e industrias, e é doadamente escalable dende un prototipo a miles de unidades conectadas. “Controllino IOT permite monitorizar, controlar e actuar sobre calquera edificación, recompilar e almacenar todo tipo de datos de dispositivos IP ou analóxicos, integrar con sistemas IT externos, e todo iso dende un smartphone ou dende calquera dispositivo con acceso a internet”, explican.
Coa plataforma Controllino IOT pódese abordar calquera proxecto relacionado coa industria 4.0, máquina a máquina (M2M), ou os chamados proxectos smart.