Dúas empresas con sede en Tecnópole acaban de dar un paso máis na súa cooperación comercial e tecnolóxica iniciada en 2015. O acordo consiste na compra do 20% de Infinitus Rent, especializada en renting tecnolóxico de última xeración, por parte de Conexiona Telecom, impulsora das plataformas de domótica e automatización iPlace e iPetrol.
Con esta operación, Conexiona logra capacidade financeira para a comercialización dos seus produtos na modalidade de renting, mentres que Infinitus se posiciona no arrendamento operativo e inicia actividade internacional.
Os activos da empresa teñen un valor que supera os 4 millóns de euros. Abranguen dende maquinaria ata telecomunicacións, informática, desfibrilador e mesmo mobiliario. Entre as operacións de renting realizadas por Infinitus está a instalación de desfibrilador na sede central de Bankia e en 50 supermercados do Dia. Na súa capital social tamén ten participación a operadora de telecomunicacións Telco T.
O acordo con Conexiona arrancará co financiamento de iPlace nos portos deportivos de Combarro e Vigo, así como en instalacións náuticas de Marrocos. Infinitus sustenta na entrada do seu novo socio o plan estratéxico co que prevé crecer un 60% este ano e situar a cifra de negocio sobre os 4,5 millóns.
As estimacións da propietaria de iPlace son crecer un 50% en 2017, para alcanzar 1,5 millóns. O seu CEO, José Antonio Losas, entra a formar parte do consello de administración de Infinitus.
(Fonte: Expansión)