ALMA CG, consultora líder na optimización de custos a través da fiscalidade, presentará o próximo 12 de xuño nas instalacións de COTEC as principais conclusións da 8ª Edición do Barómetro internacional de financiamento da Innovación 2012, algunhas das cales xa se adiantaron.
n
n
nO Barómetro contempla a análise de 4320 empresas innovadoras (micro pemes, PEMES, grande empresa e grandes grupos) de 10 países, procedentes de sectores diversos tales como: Telecomunicacións, Enerxía/Medio ambiente, Enxeñería, Electrónica, Farmacéutico e Servizos.
n
nO obxectivo foi elaborar unha visión completa das ferramentas que utilizan as empresas para financiar a súa I+D, así como medir o seu impacto en termos de crecemento e innovación.Por primeira vez se contou para a interpretación dos resultados,con recoñecidos expertos internacionais relacionados coa innovación, contando con: asociacións de empresarios, clústeres tecnolóxicos, axencias financeiras, business angels, fondos de investimento, etc.
n
nAs tres prioridades estratéxicas destacadas polos enquisados para o crecemento das empresas foron: a innovación en produtos e servizos (37%), asegurar o aumento do financiamento (16%), debido á actual escaseza de financiamento, e ao mesmo nivel, reducir os gastos e o desenvolvemento internacional (un 12% en ambos os dous casos).
n
nEn canto aos tres principais retos son: o financiamento á I+D, a xestión eficiente dos recursos dedicados á innovación (en particular en España ou Portugal), e a redución do tempo de comercialización. Se ben na maioría das empresas innovadoras consultadas, o nivel de financiamento se mantén estable ou mesmo crecendo, en España e Portugal o financiamento diminuíu un 34%.
n
nOutra das conclusións a destacar é que a I+D foi financiada por: en primeiro lugar os fondos propios, seguido de financiamento externo, financiamento público e privado. Entre os recursos externos de financiamento máis utilizados afiánzanse as deducións fiscais á I+D (58,06%), seguido polas subvencións e empréstitos (53,76%) e os créditos bancarios (39%). En canto ao financiamento público, as grandes empresas e grupos son os que máis dependen dela. Pola contra, as micropemes e PEMES con menos de 10 empregados, acoden aos business angels.
n
nA repercusión directa deste financiamento da innovación entre as empresas enquisadas é clara: o 60% aumentaron polo menos un 50% o seu volume de negocio e o nº de innovacións comercializadas; para o 50% impactou na aceleración da comercialización da innovación, e para o 40%, significou un aumento dos postos de traballo relacionados coa I+D e acordos con provedores.
n
nA dedución fiscal, principal recurso externo
n
nAs deducións fiscais por I+D seguen sendo a opción de financiamento maiormente utilizado en Europa. Xogan un papel moi importante no mundo empresarial actual: como axuda para mellorar a tesourería, para o mantemento do emprego e como reinvestimento das deducións en I+D. Por iso, un 24% das empresas mostraron a súa preocupación ante a súa posible eliminación.
n
nO Comité de Expertos do Barómetro alertou que estas preocupacións poden rematar a medio prazo nunha diminución do investimento, ou o traslado a países máis atractivos, xa que a innovación hoxe en día é global. Para as micropemes e a PEME, o Comité de Expertos sinalou que este incentivo pode ser unha panca para acelerar o tempo de comercialización, pero só se é doado de usar.
n
nSubvencións e axudas públicas
n
nA pesar de que o 54% das empresas enquisadas se beneficiaron de axudas públicas (subvencións e empréstitos), as axudas europeas teñen dificultade para atopar empresas beneficiarias. Neste sentido, é clave que as asociacións e os intermediarios actúen como mediadores para as PEMES, facilitándolles o acceso aos proxectos de colaboración europeos.
n
n(Fonte: COTEC)