O Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital adxudicou oito novos proxectos 5G por case 40 millóns de euros, dos que preto de 12 serán cofinanciados a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). 8.999.369 euros deses case 40 millóns irán destinados a dúas novas obras en territorio galego.
A primeira levarase a cabo na lonxa de Vigo, e consistirá nun sistema de control de acceso ao porto mediante esta tecnoloxía 5G, ademais dun sistema de vixilancia con drons con cámaras de moi alta resolución.
A segunda consistirá en xerar unha experiencia turística con realidade virtual para visitas á praza do Obradoiro con información en tempo real e vídeo 3D. Ademais, desenvolveranse casos de uso no sector agrícola, en educación con clases en streaming, gaming, redes ultrarrápidas e retransmisión de eventos.
Fonte: La Voz de Galicia