Para isto, utilizan etiquetas NFC modificadas (que non requiren enerxía propia para funcionar senón que utilizan a do teléfono ou aparato que as le) porque, literalmente, fixéronlles unha pequena incisión que rompe o circuíto. Desta forma o circuíto estaría “aberto” e non funcionaría, pero “péchano” con certos materiais que só conducen electricidade cando un gas ou elemento está presente.
Cando o teléfono le a etiqueta, esta só responde se o circuíto se pechou e, por tanto, se o material se activou. Se é así, significa que o gas ou elemento que queriamos detectar está en contacto coa etiqueta NFC.
A gran vantaxe da tecnoloxía NFC é que é barata, moi sinxela de fabricar e non é necesario que os sensores reciban enerxía dunha fonte continuamente. É o propio teléfono ao lelos o que os activa para que funcionen e proporcionen unha resposta. Por agora, iso si, só conseguiron introducir un sensor deste tipo por etiqueta NFC pero nada impide que un mesmo produto leve varias na súa caixa.
Respecto aos usos deste sistema, tamén está o poder detectar a presenza dun gas velenoso nun lugar cerrado, monitorización da contaminación ou incluso o poder detectar os contidos dun paquete sen necesidade de abrilo antes.
(Fonte: Xataca)