Como almacenar a información nos vindeiros anos?

En 2010, a nivel global, xeramos unha cantidade de datos próxima aos dous zettabytes, o que equivale a 2.000 billóns de copias de «El Quijote». En 2020 a cifra excedeu os 60 zettabytes… E dentro de catro anos falaremos de 180 zettabytes. Hoxe, neste intre, créanse cada segundo 1,7 MB de datos por habitante… cada pestanexo equivale a un libro completo de «El Quijote» que chega á rede.

O problema é a cantidade de datos que gardamos. E onde. Estamos a falar dunha cantidade de información que, volvendo a «El Quijote», podería alcanzar para que cada habitante do planeta tivese máis de seis millóns de copias. E en 2025 xeraremos 180 zettabytes de datos por ano, máis bytes que estrelas no universo observable.

Así, a menos que cubramos cada centímetro cadrado de terreo con centros de datos, non poderemos seguir o ritmo deste tipo de aumento. E aínda que logremos comprimir esa información á súa mínima expresión, os centros onde se garda a información tampouco son rendibles nin en termos económicos nin no aspecto ambiental. Segundo un informe, o 17% da pegada de carbono total xerada pola tecnoloxía débese aos centros de datos. Un único centro actual pode consumir máis enerxía que unha cidade mediana.

Aquí é cando chegan outras formas de almacenamento de datos que non só ocupan menos espazo, tamén consomen menos recursos, producen menos contaminación e xeran un impacto máis baixo. E hai tres opcións que, agora mesmo, resultan entre as máis exploradas polos expertos do planeta, cada unha coas súas vantaxes e as súas desvantaxes: o almacenamento xenético, a utilización do grafeno e o almacenamento láser.

Fonte: La Razón