Comezan a funcionar na Tecnópole dous centros de investigación do grelo galego

O Consello de Administración da Tecnópole aprobou hoxe a solicitude da empresa lucense Fiberin Nutra SL de instalar na súa incubadora de iniciativas biotecnolóxicas dous centros de investigación, desenvolvemento e transferencia que teñen como obxectivo dinamizar, potenciar e profesionalizar o subsector do grelo. No edificio Tecnópole I desenvolverán a súa actividade o Centro de Desenvolvemento e Profesionalización da Produción do Grelo en Galicia (Ceprogo) e o Centro de Estudos de Efectos Saudables do Grelo (Cesagro)
n

nt 

n

ntOs proxectos de investigación que levarán a cabo neles estarán centrados no incremento do tempo de produción a partir de selección de variedades asociadas a zonas territoriais con climas propicios; na mecanización da recolección; no procesado do grelo que permita darlle unha vida útil de polo menos 20 días; no envasado e embalaxe do grelo que permita o transporte en palés; en novas aplicacións culinarias; e, en relación cos efectos saudables, na busca de potencial funcional como produto rico en glucosinolatos (efecto anticanceríxeno), selección xenética, etc.

n

nt 

n

ntEsta é unha das catro iniciativas biotecnolóxicas que a partir de hoxe teñen permiso para instalarse no Edificio Tecnópole I e facer uso así non só dun espazo propio para desenvolver a súa actividade, senón tamén do laboratorio de 310 metros cadrados con equipamento especializado de última xeración co que conta o inmoble.

n

nt 

n

ntOutra das iniciativas que se instalará alí é Equigalia SL, unha empresa que investiga no sector mariño e acuícola para uso e aproveitamento responsable dos seus recursos, potenciando as súas propiedades saudables. Entre as súas liñas atópanse o aproveitamento de especies mariñas do litoral galego non explotadas comercialmente, a mellora de técnicas de conservación aplicadas sobre produtos de orixe mariña e a investigación acuícola con novas especies.

n

nt 

n

ntTamén no ámbito alimentario operará Froital Supra SL, proxecto emprendedor centrado na investigación da mellora produtiva de froitos vermellos para a súa aplicación en alimentación de alto valor engadido con propiedades saudables. As actividades de I+D previstas, que tamén se levarán a cabo no Tecnópole I, inclúen a agricultura ecolóxica, intensiva e sustentable; a selección e validación de organismos sensibles a variacións ambientais e/ou a outros organismos non beneficiosos para diversos cultivos; e a optimización das características saudables de produtos agroalimentarios mediante o control do sistema de cultivo.

n

ntLaboratorio de intelixencia educacional

n

nt 

n

ntAo Centro de Innovación e Empresas (CEI) incorporaranse outras tres novas iniciativas. O Consello de Administración da Tecnópole autorizou a concesión de dous niños a maiores para a empresa Intellectia Bank, co fin de instalar neles o seu novo laboratorio de intelixencia educacional. A actividade prevista consiste en investigar e desenvolver aplicacións para a creación de soportes de intelixencia socio-técnica. O seu proxecto supón a contratación de seis traballadores titulados superiores.

n

nt 

n

ntLimaia Produccións SL instalarase noutro dos niños do CEI para desenvolver o seu proxecto ‘Animacam.tv’, segundo os seus promotores o único festival internacional de animación competitivo desenvolvido, producido e executado integramente dende a provincia de Ourense. 

n

nt 

n

ntFinalmente, incorporarase ao CEI a empresa de base tecnolóxica NINCK, especializada en aplicacións de sistemas de realidade aumentada ou vinculada.

n

nt 

n

ntReciclaxe de terras para a ampliación

n

nt 

n

ntOs membros do Consello de Administración tamén foron informados de que o Parque Tecnolóxico de Galicia está a iniciar as obras necesarias para a ampliación da súa superficie en 4,2 hectáreas utilizando para o recheo terra procedente das operacións de desterro que se están a levar a cabo na construción dun novo complexo comercial situado nas inmediacións de Expourense. 

n

nt 

n

ntA actuación é froito dun acordo entre Tecnópole e a empresa responsable das obras do hipermercado para aforrar custos por ambas as dúas partes e evitar o impacto medioambiental que supón a retirada e o depósito de terras para obras. Por este motivo, esta iniciativa forma parte da política de Responsabilidade Social Corporativa do Parque Tecnolóxico de Galicia.

n

nt 

n

ntDurante a reunión celebrada esta mañá, quedou aprobada tamén a substitución como membros do Consello de Administración dos ex-rectores Senén Barro e Alberto Gago polos actuais rectores das Universidades de Vigo e de Santiago de Compostela, Salustiano Mato e Juan Casares, respectivamente.

n