A empresa española Ros Rocha presenta os seus colectores intelixentes dotados con sensores que advirten non só que xa están cheos de lixo senón que, ademais, avisan se se orixina algún incendio nestes. Ros Rocha desenvolveu un colector intelixente de residuos, dotado cunha serie de sensores que recompilan datos sobre o seu estado. Por exemplo, estes sensores son capaces de detectar o nivel de carga do colector, o que facilita xestionar de forma máis eficiente o seu percorrido.
n
n
nTamén avisan dun posible incendio nestes. Os datos recompilados polos sensores envíanse a unha nube, situada no servidor da empresa de lixos ou do propio concello, e permiten establecer unhas rutas de recollida máis eficientes. Os residuos orgánicos hai que recollelos todos os días, pero ao mellor outros, como o vidro ou o papel, non fai falta. Ata agora, a única forma de comprobalo era pasar diariamente polos colectores.
n
nCon estes sensores, coñécense máis datos sobre o seu contido e a partir deles organízanse as rutas. En canto á detección de incendios, os sensores captan tanto a temperatura como a presenza de fume no interior do colector, e pódense configurar para conectar directamente coa central de bombeiros máis próxima.
n
nAdemais, contan con outra vantaxe: teñen un sistema que activa unha apertura automática cando detectan usuarios con mobilidade reducida (foron dotados cunha tarxeta ou pulseira especial), facilitándolles o depósito de residuos. Os sensores atópanse na carcasa dos colectores e son invisibles dende fóra, o que evita que se convertan no obxecto de accións vandálicas.
n
n(Fonte: Spain Technology)