A empresa Coballes do Rosal foi seleccionada xunto con outras 30 pemes tecnolóxicas galegas para reforzar o proceso de internacionalización baixo o programa Galicia Avanza. Este plan de internacionalización desenvolto pola Xunta de Galicia en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia está dirixido principalmente a pequenas e medianas empresas que prioricen a sustentabilidade e a innovación.
«A presentación foi un éxito e para nós un gran orgullo participar no programa. Gustaríanos estender as nosas felicitacións e agradecemento á Axencia Galega de Innovación, Igape -Instituto Galego de Promoción Económica- e Parque Tecnolóxico de Galicia pola súa encomiable iniciativa», sinalan desde Depósitos Coballes. Este programa ten o potencial de ter un impacto substancial na promoción da innovación e a internacionalización das pequenas e medianas empresas galegas.
Coballes son fabricantes de acumuladores e sistemas de produción de ACS en aceiro inoxidable grazas ao seu amplo coñecemento técnico e experiencia que aplican en cada proxecto e en cada novo desenvolvemento de produtos adaptados a novas enerxías e necesidades do consumidor. Asume o reto de ofrecer a máis alta calidade de produtos, cara a un modelo de desenvolvemento sustentable e respectuoso co medio ambiente.
Fonte: Telemariñas