Coasa asegura a súa carga de traballo grazas a novos contratos de subministración para Airbus

Coasa, a compañía do grupo vasco Aernnova que ten a súa fábrica no Parque Tecnolóxico de Galicia, asegura a súa carga de traballo grazas aos contratos de subministracións para Airbus. A compañía, que conta con 327 empregados e prevé facturar este ano 34 millóns de euros, participa no novo modelo de avión europeo.

n
n

 

n

A empresa fabrica xa varios elementos do estabilizador horizontal do futuro modelo A- 350, un avión no que o xigante europeo ten postas moitas esperanzas comerciais. Pero a actividade de Coasa non se cingue á participación no ambicioso proxecto da nova aeronave, senón que está xa a traballar na fabricación doutras pezas para outros aparatos da familia Airbus. Entre eles, os modelos A- 330/ 340 e A- 320. Para o primeiro deles é subministrador único no mundo das portas do tren principal de aterraxe.

n

 

n

Os acordos co fabricante europeo deron osíxeno á empresa ourensá, que naceu no ano 2001. Coasa pasou dos 91 empregados nos seus inicios aos 327. Hoxe fontes da empresa sinalan que "o equipo está en niveis previos á crise". Pasará duns tímidos 2,5 millóns de euros a unhas previsións de facturación de 34 millóns ao peche deste exercicio.

n

 

n

Coasa está especializada na fabricación de compoñentes aeronáuticos en material composite, un composto que está a substituír ao aluminio "polo que as plantas especializadas teñen unhas expectativas de crecemento superior á media do sector", segundo a empresa.

n

 

n

(Fonte: La Voz de Galicia)