Cincuenta nenos catan hamburguesas e salchichas saudables no Centro Tecnolóxico da Carne

Preto de 50 alumnos do colexio de Covadonga (Ourense), con idades comprendidas entre 5 e 7 anos, degustaron hai uns días no Centro Tecnolóxico da Carne, situado en Tecnópole, salchichas e hamburguesas con cenorias e espinacas entre os seus ingredientes, elaboradas polo Grupo Coren.

Esta actividade enmárcase no proxecto Nutrigrups, impulsado pola Axencia Galega de Innovación, para axustar os produtos cárnicos máis saudables ás necesidades de cada idade. Esta semana tócalles a quenda a adolescentes de 15 anos e a maiores de 65 anos.

No marco do proxecto, o Grupo Coren elaborou alimentos adaptados ao padal dos bebés, dos nenos, dos adolescentes e de maiores de 65 anos. Tras realizar o deseño dos produtos, que pasaron por paneis de cata e puxéronos “a punto”, o Centro Tecnolóxico da Carne está a realizar un programa de actividades, adaptadas a cada franxa de idade, con cata incluída.

(Fonte: Faro de Vigo)