Un grupo de investigadores xaponeses creou un sistema para facer flotar no aire pequenos obxectos mediante ondas acústicas que loitan contra a forza de gravidade.
n
n
nA idea non é nova, pero a principal innovación é que permite que estes obxectos leviten en tres dimensións e non nun único plano. O traballo foi elaborado por Yoichi Ochiai, Takayuki Hoshi e Jun Rekimoto e foi publicado na web da Cornell University co título Three-dimensional Mid-air Acoustic Manipulation by Ultrasonic Phased Arrays, (Manipulación do aire en tres dimensións mediante redes ultrasónicas).
n
nTal e como explican os investigadores, en estudos convencionais anteriores, o eixe acústico do feixe de ultrasóns era paralelo á forza da gravidade, e os obxectos que levitaban eran manipulados ao longo de eixes fixos (é dicir, de forma unidimensional) mediante o control das fases ou frecuencias de transdutores.
n
nNo presente estudo, os investigadores consideraron a manipulación acústica estendida pola que partículas milimétricas levitan e trasladouse a tres dimensións por ondas estacionarias ultrasónicas localizadas, as cales foron xeradas por redes de ultrasóns.
n
nGrazas a este importante avance nun futuro próximo poderían ver a luz toda unha serie de novos obxectos máis propios da ciencia ficción, como o célebre aeropatín ou 'hoverboard de Mattel' da segunda entrega da película Regreso ao Futuro.
n
n(Fonte: ABC)