Entender que fai que un empregado produza máis e estea máis comprometido coa súa empresa e comprender por que unha persoa ten maiores dotes de liderado que outra é o que intenta debullar o neuroliderado, unha nova disciplina que estuda como se comporta o cerebro ante situacións nas que un debe ser líder.
n
n
nEsta nova rama, nacida hai seis anos, permite que os neurocientíficos contesten a preguntas que todo consultor ou director de recursos humanos se fai á hora de contratar ou traballar con xente, detallou a arxentina Silvia Damiano, experta en intelixencia emocional e neurociencias aplicadas ao liderado.
n
nTrátase, en definitiva, de usar os coñecementos da neurociencia para triunfar como líder. Por exemplo, agora todo o mundo fala de innovación e creatividade e a ciencia constatou que para que unha persoa teña un momento creativo debe partir dun momento de relaxación.
n
nPara Damiano, estamos vivindo, e máis nunha época de crise, momentos de cambio nos modelos de liderado. Ata agora, as empresas optaron por ocupar os cargos directivos con persoas capaces de entender de números e habilidades para facer rendible os investimentos, pero non é suficiente. "Un bo líder debe saber manexar a súa enerxía e saber inspirar e contaxiar ao outro", asegura Damiano, quen recorda que o líder é ademais un piar imprescindible na xeración de compromiso.
n
nDiversos estudos, segundo Damiano, demostraron que as persoas que se atopan moi ocupadas no seu traballo teñen unha reducida capacidade para pensar sobre o que pensan ou necesitan os demais. Isto, habitualmente, provoca distancia entre xefes e o resto dos traballadores, sobre todo cando os primeiros non actúan con mentalidade de equipo e pensan máis neles mesmos que nos demais.
n
n"Pensar no outro demanda enerxía e foco, o que é esgotador," afirma Damiano. Esta experta do neuroliderado afirma non obstante que o liderado se pode adestrar e entre os primeiros pasos está o de autocoñecerse. Como exemplo, relata que nunha ocasión un directivo -dun dos bancos máis importantes de Australia-, ao perder o seu bono, precisou da súa axuda.
n
nDamiano viña traballando con parte do seu equipo facendo "coaching" (adestramento persoal para conseguir unha meta laboral específica), sesións nas que este señor se negaba a participar. Unha das queixas do seu equipo era precisamente a falta de comunicación efectiva co xefe. Para convencelo, Damiano gravouno nun dos seus 'interminables monólogos' ante o seu equipo e, tras visionar as imaxes, esta persoa, asombrada da súa actitude, accedeu a participar do programa do que o resto do seu equipo estaba xa a participar.
n
nE é que o líder, o xefe, segundo esta experta, é o responsable último do bo ambiente no traballo. En canto a España comenta: "non creo que as empresas españolas estean a ver que o liderado compartido é importante".
n
nOutra das cousas que hai que recuperar, segundo Damiano, é "a ética das relacións humanas", a comunicación entre as persoas, que se perdeu en parte polas tecnoloxías. "Hai hábitos que se poden cambiar, pero hai que crear o ámbito para iso", subliña. Esta experta recorda, ademais, que a multitarefa é un mito: "pode habela, pero a calidade das actividades baixa".
n
n(Fonte: EFE)