Dúas parellas de bois expresamente traídas desde a localidade luguesa de Quiroga protagonizaron a xornada de clausura do certame internacional ‘Ciencia en Acción’, a maior feira científica que se ten celebrado ata o de agora en Galicia. O experimento, que consistiu na versión á galega dun principio da Física representado no século XVII, levouse a cabo no claustro do IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, no que se desenvolveu o certame ao longo de toda a fin de semana.
n
nA experiencia científica serviu para representar a forza do baleiro, demostrada polo profesor alemán Otto von Guericke, alcalde da cidade de Magdeburgo, que realizou en 1654 un célebre experimento ao que invitou a todos os parlamentarios de Ratisbona. Logo de practicar o baleiro nunha esfera metálica oca separada en dous hemisferios, prendeu dous tiros de oito cabalos a cada un deles e, a pesar da enorme forza que fixeron, non foron capaces de separalas. Posteriormente, só introducindo manualmente unha pequena burbulla de aire no interior da esfera, o público puido ver como se separaban facilmente as dúas metades. Hoxe, catro séculos e medio despois en Santiago de Compostela, as dúas parellas de bois puxaron sen éxito contra a forza do baleiro, que logo se rompeu facilmente introducindo aire na esfera.
n
nPechábase así o maior certame de divulgación científica de fala hispana e portuguesa celebrado anualmente, que este ano chegou á súa XI edición en Galicia con 112 proxectos procedentes de toda España, Portugal, Colombia, México, Uruguai e Arxentina, todos eles arredor dunha idea innovadora que presenta a ciencia e a tecnoloxía de xeito atractivo para a cidadanía e mostra a súa importancia para o progreso da sociedade e o benestar.
n
nArredor de 15.000 persoas pasaron ao longo de toda a fin de semana pola exposición de proxectos e os espectáculos, cumpríndose así a previsión de asistencia ao evento. Grazas ao patrocinio do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) a entrada foi gratuíta, a diferencia doutras edicións anteriores do certame.
n
nTraballos premiados
n
nAntes do experimento da forza do baleiro tivo lugar a entrega de premios nas 16 modalidades do certame. A listaxe de premiados é a seguinte:
n
n- Premio de ciencia e tecnoloxía ex aequo ao traballo ‘A la rueda rueda’, da Escola Infantil Municipal da Coruña, e ao proxecto ‘Eldao’, da Escola Secundária/3 de Santa Comba Dao de Viseu (Portugal).
n
n- Premio ao mellor traballo de divulgación científica en soportes adecuados ao programa ‘QueQuiCom’ da Televisió de Catalunya (Barcelona).
n
n- Premio do laboratorio de bioloxía e xeoloxía ‘A herença d’os maias. Genética e literatura’, do Instituto de Biologia Molecular e Celular e Instituto de Engeharia Biomédica de Porto (Portugal).
n
n- Premio á mellor demostración de física ex aequo a ‘Experimentos con nombre propio’, do IES Benjamin de Tudela (Navarra), e a ‘Física variada’, do IES Francisco Salinas de Salamanca.
n
n- Premio á mellor demostración de química a ‘La preparación de la mermelada, una dulce manera de aprender ciencia’, da Escuela Universitaria de Informática de Madrid.
n
n- Premio modalidade laboratorio de matemáticas ex aequo a ‘Mates en acción, da Universidad de Granada, e a ‘Cuadrados mágicos. Numerología versus aritmética’, do IES Thader de Alicante.
n
n- Premio da modalidade de experimentos para un laboratorio espacial ao traballo ‘Picorover: un robot lunar de bajo coste’, da Universitat Politècnica de Catalunya (Barcelona).
n
n- Premio de ciencia, enxeñería e valores ao traballo ‘Ciencia y conciencia para la universidad’, da EUIT Agrícolas, da Universidad Politécnica de Madrid.
n
n- Premio especial de implicación da muller na ciencia, enxeñería e valores a ‘Vidas a descobrir: mulheres cientistas do mundo lusófono’, da Associaçao Viver e Ciencia de Lisboa (Portugal).
n
n- Premio á mellor posta en escea ao traballo ‘Espectáculo de marionetas. El origen de la vida en la Tierra y la evolución de los seres vivos’, da Universidad de Barcelona.
n
n- Premio ‘Adopta una estrella. Investigación en Astronomía’ ao traballo ‘Cálculo aproximado de los períodos de rotación y de traslación de la luna a partir de la astrofotografía’, de alumnos da Escola Salesiana Mare de Déu dels Dolors” de Sant Boi de Llobregat (Barcelona).
n
n- Premio ‘Adopta una estrella. Habla de Astronomía’ ao traballo ‘Astronomía y Mitología’ do IES Alpajés de Madrid.
n- Premio ao mellor traballo de divulgación científica en soporte papel ao ‘Catálogo de la exposición Astronomía en viñetas’ de Organismos Autónomos de Museos y Centros del Cabildo de Tenerife.
n
n- Premio en materiais didácticos de ciencia en soporte non interactivo a ‘Material docente en formato digital para asignaturas de experimentación en química’ da Escuela Politécnica Superior de Ingeniería de Manresa (Barcelona).
n
n- Premio en materiais didácticos de ciencia en soporte interactivo a ‘Laboratorio Infantil: Nuestros pequeños aprenden con la ciencia’ do CEIP La Inmaculada de Granada.
n
n- Premio de Cortos Científicos ex aequo a ‘Piqueto y las avenidas torrenciales’, do Instituto Geológico y Minero de España (Madrid), e a ‘Los tres principios básicos de la Teoría de la Evolución’, do IES Las Llamas de Cantabria.
n
n- Premio de sostenibilidade ao espazo ‘Parque Nacional de las Tablas de Daimiel’, de TV3, Televisió de Catalunya (Barcelona).
n
n- Premio Especial do Xurado a ‘Tercer Milenio’, suplemento de ciencia del diario Heraldo de Aragón.
n
n‘Ciencia en Acción’ é un programa organizado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a Agência Nacional para a Cultura Científica e Tecnológica de Portugal (Ciência Viva), a Real Sociedad Española de Física (RSEF), a Sociedad Geológica de España (SGE) e a Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), co apoio da UNESCO, entre outros organismos.
n
n
- Home
- Actualidade
- ‘Ciencia en Acción’ clausúrase en Galicia coa demostración dun principio físico a cargo de dúas parellas de bois
‘Ciencia en Acción’ clausúrase en Galicia coa demostración dun principio físico a cargo de dúas parellas de bois
- Domingo 3 Outubro 2010