Non rematamos de adaptarnos de todo ao coche eléctrico, cando van aparecendo no mercado máis modelos innovadores dentro do mundo do motor. Será mellor que nos afagamos a ver circular polas nosas estradas coches con estrañas prestacións e formas.
n
n
n¿O último en apuntarse na lista? Un coche impreso en 3D. Urbee 2 é un coche deseñado pola empresa Kor Ecologic, que aposta por deseños respectuosos co medio que funcionen con enerxías renovables e contaminen o menos posible durante os procesos de deseño e fabricación. Seguindo a filosofía da empresa, os seus creadores valéronse da técnica da impresión en 3D, que xa se usou en campos como a medicina e a arquitectura, para crear réplicas de obxectos non só cun obxectivo académico, senón tamén outras para a súa aplicación real, como as próteses.
n
nOs enxeñeiros que crearon Urbee 2 queren que o coche circule polas rúas e puxérono a proba para superar todos as condicións de seguridade de calquera utilitario. O curioso é que a carrocería do vehículo está deseñada nunha soa peza e fabricada en plástico, aínda que o chasis e o motor son de aceiro.
n
nIsto supón un importante aforro en custos humanos e de fabricación, xa que non se perde o tempo encaixando mil pezas como se dun quebracabezas se tratase. Este híbrido ten tres rodas e a súa forma recorda a dun ovo. Alcanza os 65 quilómetros por hora e está previsto que consuma moi pouco, o que faría del un vehículo ideal para aquelas persoas que se moven en coche pola cidade.
n
nPara demostrar o aforro de combustible, en 2015 levarase a cabo un reto que anuncian xa na súa web: viaxar de Nova York a San Francisco con só 10 galóns de gasolina, o que veñen a ser uns 40 litros para percorrer uns 4670 quilómetros.
n
n(Fonte: Público)