O Li-Fi baséase nunha conexión de luz visible ultra paralela, que pode multiplicar as cores da luz para xerar unha conexión de alta amplitude a longa distancia. Este tipo de Li-Fi podería complementar e, nalgúns casos, substituír a tradicional Wi-Fi baseada en ondas de radio, informan os científicos. No entanto, os seus creadores subliñan que non teñen a intención de facer competencia ao Wi-Fi.
Aínda que a priori esta versión está limitada polas instalacións actuais de LED (diodos transmisores de luz) e polo uso de LED como transmisor e detector ao mesmo tempo, Haas asegura crear unha mellor instalación LED que permitirá a transmisión de datos a unha velocidade de 5 Gb/s (gigabytes por segundo) manexando só 5 milivatios de potencia de saída óptica e fotodiodos de alta amplitude no receptor. Cunha sinxela lente que prolongue a distancia, será posible transmitir os datos a unha distancia de dez metros a unha velocidade de 1,1 Gb/s, que pronto poderá aumentar até 15 Gb/s, explica Haas.
Paralelamente, outro grupo de investigadores do Instituto Fraunhofer de Microsistemas Fotónicos en Dresde, Alemaña, teñen previsto mostrar o Li-Fi “puntos quentes” na Feira de Mostras Electrónicas en Munich de novembro. Frank Deicke, que encabeza o grupo de científicos, asegura que o sistema vai utilizar a luz infravermella e que irá destinado máis á industria que aos consumidores. Este Li-Fi foi elaborado para ligazóns “de punto a punto” cunha velocidade de até 1 Gb/s .
Os científicos esperan que nos próximos 25 anos as lámpadas en cada casa acheguen conexión aos teléfonos celulares e esta sexa só una das funcións da iluminación.
(Fonte: Innovaticias)