Chega a Tecnópole o evento de coaching máis extremo, celebrado por primeira vez en aberto en Galicia

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole acollerá o vindeiro 20 de decembro a xornada de coaching extremo “Desafíate”, que se celebra en aberto por primeira vez en Galicia logo de pasar con éxito por varias grandes empresas en eventos corporativos pechados.

n
n

nSegundo os directores deste innovador proxecto, os expertos en coaching Felipe García e Leandro Fernández, trátase dun evento “de máxima intensidade experiencial e motivacional, onde os participantes dispoñen da oportunidade de recoñecer, aceptar e superar algúns dos seus medos e limitacións autoimpostas, que interfiren na súa capacidade para liderarse a eles mesmos cara ao logro das súas metas”.

n

nAs dúas dinámicas de alto impacto que os participantes nesta edición especial na Tecnópole terán a oportunidade de experimentar son o Glasswalking (camiñar sobre cristais rotos cos pés descalzos) e o Arrowbreaking (romper unha frecha coa garganta).

n

nA inscrición ao evento, que se pode realizar picando aquí, está aberta a calquera persoa decidida a superarse a sí mesma e avanzar cara ao logro das metas que persigue. Ata o de agora, os asistentes máis habituais ao evento foron equipos directivos, mandos intermedios e profesionais de empresas.

n

 

n

Os resultados obtidos polos participantes noutras edicións foron, entre outros, o incremento do nivel de confianza neles mesmos para actuar e avanzar a pesar das dificultades e o aumento da ilusión, da motivación e dos desexos de pasar á acción.

n

nPara logralo, os expertos do grupo Acción Consciente combinan ferramentas de coaching, intelixencia emocional, psicoloxía positiva, programación neurolingüística e dinámicas de alto impacto para as que están certificados internacionalmente.

n

 

n

A Tecnópole acolle este evento para rematar o ano cun enfoque positivo que supón fomentar o espírito de superación e a motivación para enfrontar o escenario de dificultade que moitas empresas están a atravesar.

n