Cesga e Itmati alíanse para executar proxectos de transferencia á industria

O director da Axencia Galega de Innovación (Gain) e presidente do Centro de supercomputación de Galicia (Cesga), Manuel Varela, e o presidente do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati), Francisco González, asinaron un convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades para impulsar os seus proxectos de transferencia de coñecemento e tecnoloxía á industria e á administración.

n
n

nO acordo prevé a execución de proxectos e programas de transferencia, investigación e desenvolvemento, a realizar entre Cesga e Itmati; a cooperación en programas de formación de persoal nos sectores empresarial e público; a participación conxunta en convocatorias competitivas de ámbito autonómico, estatal ou internacional; a organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción social e empresarial da transferencia de tecnoloxía, a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico; o intercambio de persoal por tempo limitado; e o asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade das dúas entidades.
n
n(Fonte: Itmati)

n