Cerca de tres quilómetros das sendas de O Pereiro, San Cibrao e Paderne abrirán en primavera

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou que na primavera estarán ao servizo dos veciños 2,8 novos quilómetros de sendas seguras no Pereiro de Aguiar, Paderne de Allariz e San Cibrao das Viñas, tras un investimento dun millón de euros.

A da Medorra terá unha lonxitude de 2,1 quilómetros e pasará polos tres concellos. Comeza no cruzamento co regacho de Pazos e percorre o Parque Tecnolóxico de Galicia até a OU-537, onde se solapa coa xa executada na contorna dos parques empresariais.

O itinerario da senda Paderne de Allariz é de 640 metros. Comeza en Cascarreira, onde acaban as actuais beirarrúas, e continua até O Paiseo.

Fonte: La Voz de Galicia