A maioría dos dispositivos fotovoltaicos fabrícanse a partir de silicio e baséanse en nanoestruturas intrincadas cuxo desenvolvemento require gran cantidade de traballo e tempo. Agora un equipo de científicos do Reino Unido anunciaron que é posible imprimir células solares para crear láminas extremadamente delgadas que poden estenderse para obter "paneis de enerxía solar ultrabaratos para uso doméstico e industrial".
n
n
n
En concreto, trátase de películas plásticas que poden obterse por deposición a partir de solucións mediante o emprego de técnicas de impresión por contacto de baixo custo. Algúns circuítos de gran tamaño que conteñen transistores de película delgada e outros dispositivos xa se serven desta tecnoloxía. No entanto, a súa eficiencia ha de mellorarse desde entre un 7% e un 8% até polo menos un 10% para garantir a súa viabilidade económica.
n
n
Científicos das Universidades de Sheffield e Cambridge estudaron a estrutura e composición de varios polímeros mediante a fonte de neutróns ISIS e os raios X extremadamente brillantes da Fonte de Luz Diamond de Oxfordshire (Reino Unido) pertencente ao Consello de Ciencia e Tecnoloxía do Reino Unido (STFC). No estudo, publicado na revista Advanced Energy Materials, explícase que ao estender sobre unha superficie unha solución composta por mesturas complexas de moléculas, do mesmo xeito no que se estende un verniz, as diferentes moléculas sepáranse cara á parte superior e a parte inferior da capa, o que incrementa ao máximo a eficiencia da célula solar resultante.
n
n
Andrew Parnell, da Universidade de Sheffield, suxeriu que "en lugar de utilizar métodos de fabricación complexos e caros para crear unha nanoestrutura de semiconductor específica, poderíase utilizar impresión de alto volume para obter nanopelículas (60 nanómetros) de células solares mil veces máis finas que un cabelo humano".
n
n
"Mediante os feixes de neutróns de ISIS e os raios X brillantes de Diamond logramos estudar a estrutura interna e as propiedades dos materiais das células solares de forma non destrutiva", engadiu o Dr. Robert Dalgliesh de ISIS. "Se se estudan as capas nos materiais que converten a luz solar en electricidade, apréndese que distintos pasos de procesamiento modifican a eficiencia xeral e inflúen no rendemento da célula solar polimérica."
n
n
"Nos próximos cincuenta anos a poboación mundial terá unhas necesidades enerxéticas cada vez maiores que haberá que atender sen recorrer a combustibles fósiles, e a única fonte renovable que pode permitilo é o Sol", comentou o profesor Richard Jones, da Universidade de Sheffield. Confía en que se se profunda na investigación a nova tecnoloxía podería utilizarse para dispor as células solares en configuracións cada vez máis eficientes. "Sobre a Terra cae nun par de horas suficiente enerxía do Sol como para satisfacer as necesidades enerxéticas do planeta durante un ano, pero hai que aprender a dominala a unha escala moito maior do que agora é posible. A dispoñibilidade de células solares poliméricas baratas e eficientes capaces de cubrir grandes extensións pode contribuír a que penetremos nunha nova era da enerxía renovable."
n
n
(Fonte: Cordis)
n
n