Calcetíns aos pés de Galicia (Ximica)

Dunha experiencia traumática naceu unha firma xenial: Ximica, calcetíns unisex de algodón orgánico concibidos en Galicia, confeccionados en Portugal e enviados por todo o mundo a través do e-commerce pola súa fundadora, Ximena Lagoa Borges, unha creativa nacida en Caracas, Venezuela, e amante do país das rías.

A experiencia traumática padeceuna a caraqueña cando un calcetín que apretaba demasiado acabou por rompelle unha vea do pé. Decidida a que isto non sucedese nunca máis, a venezolana (que tras estudar Economía e Finanzas na Universidade de Miami e un posgrao de Mercadeo de Moda en Parsons Escola de Deseño en Nova York, valoraba fundar unha firma de accesorios) decidiuse e pensou que empezaría polos calcetíns. “A misión de Ximica é facer da roupa pequena unha prioridade, prestando atención aos detalles e chegar a ser unha marca de small wear / small things de referencia”, afirma.

Marca con identidade

Cun investimento de 40.000 euros e desde unha nave do Parque Tecnolóxico de Galicia, situado en Ourense, puxo en marcha Ximica. “Está inspirada no amor polo local, pola contorna rural, os produtos naturais e as súas paisaxes”, afirma Lagoa. “Só se volvemos ás nosas orixes, podemos realmente ver as cousas que son importantes. Saber de onde vimos axúdanos a desenvolver un sentido de quen somos e a establecer a nosa identidade esencial única e auténtica”, engade a empresaria.

Fonte: Expansión