O Departamento de Proxectos de Tecnópole está a convidar ás súas empresas a formar parte do grupo de 15 pemes que participarán no seu programa de mellora da competitividade a partir de procesos de innovación aberta.
n
nA innovación aberta, máis coñecida pola súa versión en inglés open innovation, é unha nova estratexia de innovación baixo a cal as empresas van máis aló dos límites internos da súa organización e na que a cooperación con profesionais externos pasa a ter un papel fundamental. Open innovation significa combinar o coñecemento interno co coñecemento externo para sacar adiante os proxectos de I+D. Este tipo de innovación responde á posibilidade de obter vantaxes competitivas a través do que se coñece como intelixencia colectiva.
n
nAs empresas que se integren no programa terán a ocasión de que se lles elabore, sen custo algún para elas, un 'mapa de innovación' que analice as vantaxes e desvantaxes dos seus produtos e servizos e axúdelles a descubrir liñas estratéxicas de actuación, en clave de innovación, para o futuro da súa organización.
- Home
- Actualidade
- Búscanse 15 empresas que queiran mellorar a súa competitividade grazas á innovación aberta
Búscanse 15 empresas que queiran mellorar a súa competitividade grazas á innovación aberta
- Martes 9 Novembro 2010