Bruxelas abre convocatoria para apoiar con 31,5 millóns proxectos de ecoinnovación

A Comisión Europea anunciou a apertura dunha convocatoria para proxectos de ecoinnovación que queiran optar a axudas europeas nos sectores do reciclado de materiais, auga, produtos de construción sustentables, negocios ecolóxicos e no sector alimentario.

n
n

nBruxelas espera que uns 45 proxectos en total se repartan os 31,5 millóns de euros en subvencións que reservou para estes. O financiamento europeo podería cubrir ata o 50% do custo de cada proxecto.
n
nA convocatoria, que se dirixe principalmente a empresas privadas e especialmente ás pequenas e medianas empresas que desenvolvesen un produto, proceso ou servizo ecolóxico innovador, pero teñen dificultades para comercializalos poden remitir os seus proxectos ao Executivo comunitario ata o 5 de setembro.
n
nO comisario europeo de Medio Ambiente, Janez Potocnik, animou especialmente as pemes a presentar proxectos para obter axudas e así contribuír "a que Europa afiance o seu liderado en sectores como a xestión da auga e os residuos".
n
n"A ecoinnovación é un segmento de mercado non só para as empresas verdes. A competitividade de Europa nas próximas décadas vai depender da súa capacidade para superar o problema da falta de recursos", subliñou o comisario, que deixou claro que son as empresas innovadoras "as que van materializar esa transformación" en toda a economía".
n
nUns 50 proxectos que se presentaron na convocatoria de 2012 están a punto de ser lanzados e máis de 185 xa están en marcha. A Comisión Europea dispón dun presuposto de 220 millóns de euros para apoiar produtos que contribúan ao mellor uso dos recursos naturais en Europa entre 2008 e 2013.
n
n(Fonte: EFE)

n