Ser un referente no desenvolvemento e implantación de tecnoloxías, procesos e solucións ambientais, a nivel local, nacional e internacional. Con ese obxectivo nace Viratec, o clúster galego de solucións ambientais e economía circular.
O clúster, o primeiro de medioambiente na comunidade, conta coa participación de 55 empresas e entidades e unha cifra de negocio de aproximadamente 2.000 millóns de euros. A “misión” de Viratec será incrementar a capacidade tecnolóxica, de innovación e a competitividade das empresas galegas que achegan solucións ambientais, fomentando un sistema de cooperación pública-privada e entre empresas, xerando sinerxías entre distintas áreas de coñecemento, promovendo a I+D+i, mellorando a formación e creando oportunidades de internacionalización, para contribuír ao desenvolvemento sustentable da sociedade galega e a preservación do medio ambiente baixo os principios da economía circular.
Viratec pretende ademais aglutinar a todos os actores galegos, directa ou indirectamente involucrados no sector das solucións ambientais: empresas, provedores, clientes, universidades e centros tecnolóxicos, entre outros. O clúster espera, así mesmo, incrementar o valor económico do sector, fomentando o emprendemento, creando colaboracións sólidas de recoñecido prestixio no ámbito académico, de investigación e no desenvolvemento tecnolóxico en medioambiente.
Fonte: El Correo Gallego