Un total de 30 empresas innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade están a participar no programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza”. Esta iniciativa púxose en marcha como resultado da colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole).
Unha das empresas que se está a beneficiar deste programa é Bodegas Corisca, con sede na localidade pontevedresa de Tui. A xerente da firma, Natalia Rodríguez, sinala que se trata dunha “pequena empresa familiar que elabora un viño albariño certificado como ecolóxico da denominación de orixe Rías Baixas, apostando por unha produción ecolóxica e sustentable”.
“O programa Galicia Avanza o que supón para pequenas adegas como a nosa é unha axuda para poder internacionalizar, posto que desde os nosos inicios tiñamos claro que este produto se ía a valorar moito fóra das nosas fronteras” -manifesta a xerente-. “Galicia Avanza axúdanos a profesionalizar un pouco máis a presentación do noso produto aos mercados estranxeiros” -remarca-.
Fonte: Tecnópole