A biofabricación non é un campo científico totalmente novo, dende logo, pero estes enxeñeiros crearon unha bioimpresora 3D que se converte nunha alternativa moi económica a máquinas que adoitan ser moito máis caras -por enriba de 100.000 dólares- e complexas. As impresoras 3D poden ir a máis, e esta é unha demostración palpable.
“Biotintas” como material de impresión
A bioimpresora de BioBot crea unha tinta especial que combinada con eses biomateriais e células vivas podería lograr crear eses órganos que poderían acabar sendo utilizados para transplantes. Polo momento a idea é a de utilizalo no campo da investigación e os test clínicos de medicamentos e tratamentos, e segundo os seus creadores é unha excelente opción para farmacéuticas.
“Vemos isto como unha forma de desenvolver rutinas terapéuticas personalizadas. Podes facer que os pacientes cheguen á clínica, tomarlles mostras dalgúns tecidos, producir tecidos 3D en miniatura para eses pacientes e probar diferentes tratamentos”, explicaba Danny Cabrera, un dos fundadores do proxecto.
A empresa naceu como un proxecto no cuarto na que vivían os dous fundadores, estudantes de doutorado de Informática e Bioloxía na Universidade de Pensilvania, e foi evolucionando tras lograr pequenos investimentos e o apoio de varias institucións médicas. A máquina custa actualmente uns 5000 dólares para desenvolvedores e investigadores médicos que queiran traballar con ela, e o modelo de negocio é curioso: o de vender diferentes “tintas” como base para crear distintos biomateriais. O kit de tinta para cartilaxes que lanzaron con motivo do evento TechCrunch Disrupt custará 700 dólares, por exemplo.
(Fonte: xataka)