Bioga premia a DART como mellor idea empresarial Biotech e Lonza Biologics Porriño como empresa máis competitiva

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias dan Vida (Bioga) entregou os seus I Premios Bioga a DART (Detection and Radiation Technologies) como mellor idea empresarial a Biotech e a Lonza Biologics Porriño, que recolleu o premio de Empresa Biotech máis competitiva.

n
n

nA presidenta de Bioga, Carme Pampín, destacou de DART o seu "atractivo plan de negocio, as características do seu equipo humano e a visión de futuro dun proxecto que en 2014 se constituirá como spin-off da USC/Sergas".
n
nPor outra banda, Carme Pampín indicou que Lonza mereceu o premio pola "súa actividade impulsora durante 2013 en canto á produción e mantemento dos postos de traballo".
n
nNo acto tamén participou o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey, quen, na súa intervención, afondou nas posibilidades que ofrece a cooperación público-privada para desenvolver os proxectos innovadores no ámbito biotecnolóxico que permitan transferir os seus resultados ao mercado redundando na mellora competitiva do tecido empresarial galego.
n
n(Fonte: Innovamás)

n