BiG Formación, referentes en consultoría e formación desde Tecnópole

En BiG Formación, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, traballan no ámbito da formación profesional para o emprego en catro sectores estratéxicos: a sanidade, a atención sociosanitaria, o fitness e o TIC. Na actualidade contan cunha rede de 34 centros a nivel estatal e máis de 300 especialidades formativas acreditadas. No eido da formación profesional dispoñen de dous centros con sete homologacións na área da sanidade.

“A aposta pola innovación e o talento do noso equipo de consultores e profesionais provocou que o noso crecemento fose exponencial nos últimos anos e na actualidade o noso ecosistema empresarial está composto por BiG Formación, conformada pola rede de centros de formación para o emprego e de formación profesional; Newton Consultoría iFormación, dedicada á prestación de servizos e consultoría TIC, desenvolvemento e formación; Cenaform, entidade especializada na teleformación; e a nosa marca fóra de Galicia, Go Sanidad, consultora de recursos humanos especializada no ámbito sanitario e sociosanitario”, comenta Rubén Grande, CEO de BiG Formación. Ademais, están a traballar en dous novos proxectos: “BiG Clínica e BiG TV, o noso Netflix para os maiores”.

Fonte: La Región