Bebidas e licores con tradición en “Galicia Avanza”

O programa de aceleración á internacionalización das pemes galegas de carácter innovador, Galicia Avanza, ten en marcha a súa segunda edición. Unha das 30 empresas beneficiarias é  “Hermanos Paniagua”, unha das firmas con maior tradición na provincia de Ourense. Desde O Carballiño elaboran cremas e licores con ADN galego. Vermú ou xenebra son algúns dos produtos que xa comercializan, mentres traballan agora na súa nova liña: A Pócima, unha proposta innovadora dirixida a un público novo con sabores como fresa e agave, mango e agave ou “sabor a nube”.

Fonte: La Voz de Galicia